jueves, 30 de mayo de 2013

Os invito a que conozcais A Costa da Morte, empezaremos por Corcubión.

    CORCUBIÓN: Pouco a pouco veredes o que este fermoso pobo ten en realidade para ensinar, será como unha pequena guía para que veñades a coñecernos.

     Introducción

  • Corcubión é un dos municipios mais pequenos da provincia da Coruña, formado por duas parroquias (Corcubión e Redonda), encontrase en plena Costa da Morte e rodeada polo Concello de Cee. Declarado Conxunto Histórico-Artístico no ano 1985. A vila de Corcubión atópase asentada sobre unha pequena peninsula, e abrigada dos ventos e os temporais. Conta cunha praia chamada PRAIA DE QUENXE, situada pasando o porto e concetada por un fermoso paseo marítimo.

   Historia da vila:

  • Hai quen di que o nome de Corcubión derivándoo o vasco KotskoUbión, ven significar "enseada de boas augas". Os xeógrafos mais antigos supoñen que houbo unha poboación de NERIOS, ó redor do cabo Fisterra, xa que en Duio e en Quenxe quedan uns restos duns castros.
  • Corcubión foi un dos primeiros señoríos do Conde de Traba, pasando mais tarde o poder dos Condes de Altamira. Según un Compendio do Estado dos Altamira, redactado por José Isla de la Torre en 1724, a vila estaba composta por uns 200 veciños que vivían da pesca da sardiña e do congrio contado para elo cunha frota pesqueira de 30 barcos. A vila era gobernada por un xuiz ordinario e catro rexedores asignados polo Conde de Altamira, ademais dun procurador xeral nomeado polo Consello. A xurisdicción de Corcubión atopábase separa da xudisdicción de Muros polo río Olveira e da xurisdicción de Vimianzo polo río O Castro. No seu tempo a vila contaba cun hospital fundado por Don Rodrigo de Moscoso e a súa dona Juana de Castro, que co paso dos anos foi convertendose en albergue de peregrinos ata(en busca do dato para rematar esta parte, tende paciencia)
  • Nun principio a parroquia atopábase fóra do núcleo poboacional, nun monte denominábase San Andres de Canle. Mais ou menos en 1430 constrúese a nova igrexa preto do pazo dos Altamira e contigua o porto, presidida no seu interior por unha fermosa talla de San Marcos (esta talla arrivou nun navio veneciano e hoxe é o patrón da vila). A fachada principal e a torre actual tiveron que ser reedificadas despois de que lun lóstrego en 1885 as tirase abaixo.
  • En 1480 por orde do arzobispo de Santiago Don Francisco Blanco, unense a parroquia de Corcubión coa de San Andres de Canle, quedando só a igrexa de San Marcos como única parroquia.
  • Durante a Idade Media, Corcubión foi ruta obrigada para os peregrinos, que despois de visitar Santiago, continuaban a súa peregrinación ata Fisterra.
  • Cando as loitas entre España e Inglaterra, no s. XVIII; os veciños de Corcubión, Escaxa e Leira, armaron varias naves e combatiron en augas de Fisterra. En 1809, enterados os franceses que estaban en Santiago de que as vilas de Corcubión e Cee habíanse formado as armas contra a invasión, destacaron partidas das súas tropas para bater e perseguir o paisanaxe, o que conseguiron plenamente no punto denominado Ponte Olveira, o anoitecer do día 13 de abril. Como exerceran todo o xénero de crueldades e asasinaron a mansalva, a noticia de que baixarían a estes pobos fixo cundir o pánico entre os seus habitantes, que se agochaban nos montes máis escabrosos, e os que ainda resistían eran inhumanamente sacrificados. En Corcubión cometeron toda clase de barbaridades e incendiaron o pobo. Co tempo volveu a tranquilidade, a calma e progreso a esta fermosa vila.
       Isto é a historia de esta vila, a continuación ensinareivos os puntos de interese da vila e tratarei de poñervos as fotos do antes e do despois de ditos puntos.